Ambiente Seguro

Sistema de protección á infancia e persoas vulnerables

O Centro Xuvenil Abeiro pertence á Casa Salesiana de A Coruña e, como tal, forma parte da Inspectoría Salesiana “Santiago el Mayor”, da Congregación Salesiana, que agrupa un conxunto de obras educativas, estendidas polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Castela e León, Madrid e Castela a Mancha.

A maior parte das persoas destinatarias das nosas actividades son nenos, nenas e adolescentes, todos eles menores de idade. Nos nosos ambientes pode haber tamén adultos en situación de vulnerabilidade, persoas que, por razóns de discapacidade, enfermidade ou polo contexto no que se atopan, son ou poden ser incapaces de protexerse a si mesmas de potenciais danos ou situacións de explotación.

O sistema salesiano desde o que educamos é o denominado Sistema Preventivo de Don Bosco. Este sistema desenvolvémolo mediante:

  • A presenza de cada educador con cada educando, desde a proximidade, o coñecemento e o respecto
  • A oferta dun ambiente educativo amplo, rico de propostas, que se configura como unha contorna segura para o menor.

A nosa política é, desde o noso propio carisma educativo, a de protección e coidado dos e das menores. Toda a comunidade educativa, sexan salesianos ou segrares, da nosa Casa están chamados a desenvolver este sistema para a promoción integral dos nenos, nenas, mozos e mozas que as familias nos teñen confiados.

Desde este espírito preventivo, ofrecemos o Código de Conduta, co que todos as persoas educadoras e que poidan estar en contacto con menores e adultos vulnerables se comprometen para garantirlles un espazo seguro, un trato digno e un ambiente positivo de crecemento persoal integral.